Explore Case Studies

The Mountain Forest Community of Couso, Spain

[Galician]

[English below]

Quen somos?

A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

Os montes veciñais en man común (MVMC) constitúen un tipo de propiedade privada de natureza xermánica singular no contexto estatal, localizándose maioritariamente no noroeste de España e, case exclusivamente en Galicia

A comunidade de Couso, está situada ao noroeste de Península Ibérica (Galicia), concretamente no concello de Gondomar. Forma parte comarca do Val Miñor no sur da provincia de Pontevedra a 14 quilómetros de Portugal.

A Comunidade de Montes de Couso goberna unha extensión de 330 Has. Delas 300 Has. son productivas. Os acordos de xestión da Comunidade de Montes de Couso tomanse en asemblea e execútaos a xunta rectora.

Teñen dereito a voto para a toma de decisións ou elixir a Xunta Rectora, todos aqueles veciños/as que habiten unha “casa con fume”, expresión metafórica para indicar casa habitada. Cada “casa con fume” da dereito a un voto, que pode detentar calquera dos seus moradores.

Especies autóctonas eprodución ecolóxica

Facemos da modernización da xestiónunha ferramenta fundamental para converter ao monte nun recurso de valor Multifuncional e fonte de recursos inagotable.

A tradicional explotación madereira de Piñeiros ou Eucaliptos, súmanse novas especies de maíor valor engadido, máis nobles, que coidan máis o valor paisaxístico da nosa foresta e ofrece novos horizontes económicos coa plantación de castiñeiros, ou ás máis recentes de cerdeiras e nogueiras.