Explore Case Studies

Santiago de Covelo, Spain

Tradución ao galego a continuación.

Traducción al español a continuación.

English:

Santiago de Covelo Common Hand Community Land: combining ecological, social and productive functions for sustainable management. These three priorities define the work of this community in the municipality of Covelo in Galicia’s Paradanta region. Thanks to these priorities and the leading role played by the local community, the area’s forest management is on the road to sustainability.

The planning and management of a common woodland begins with in-depth knowledge: its boundaries, history, place names, climate, vegetation and orography, together with its unique geological, cultural and even socio-political legacy. All this knowledge gives meaning to forest management and ensures it is done responsibly. It is built up on a day-to-day basis through the search for information, daily field visits and continuous dialogue between the governing board, the horizontal assemblies, elderly residents and qualified technical staff.

Broadly speaking, the common woodlands of the parish of Covelo can be defined by a combination of a woodland that has suffered recent deforestation as a result of overgrazing, the presence of pine plantations (largely Scots pine, or Pinus sylvestris) imposed by the fascist government in the second half of the previous century, and the rugged landscape that is typical of Galician mountains, comprising hills, summits, plains, valleys, ravines, rivers and peatlands. Half of the 700-ha area is covered by trees comprising plantations, gallery forests and small native forests that are just beginning natural regeneration. The other half is characterised by bush coverage (some humid, with Erica cilliaris and Erica tetralix, and thus classed as of community interest by the European Union) and large areas of grasses.

Large-scale abandonment of livestock rearing—alongside other traditional country activities—and the introduction of forestry is favouring the woodland’s renaissance, creating new opportunities for social, ecological and productive sectors. Timber production and livestock farming form a symbiosis, with a modern outlook and a twist of tradition. The community directly manages the timber from the plantations, and members individually take their livestock to graze on fields provided for this purpose. Instead of being obstacles, the two activities support each other: fields are arranged and interspersed in such a way that they act as fire barriers between the plots used for producing timber (moreover, plantations are never cut en masse but selectively using clearings), while profits from the sale of timber are invested in maintaining the fields through fences, gates, sowing and clearing. Meanwhile, the community can continue its traditions of gathering wood, gorse and heather for stables, as well as new activities such as foraging for mushrooms and using spaces for relaxation.

Production plays a fundamental role, since the activities and jobs that take place in the woodlands revolve around it. It is productive activity that makes it possible to invest in improving the common property and in conservation, with four main priorities: the upkeep of the plantations, looking after the network of paths, the protection and restoration of archaeological and ethnographic assets, and preserving biodiversity (distributed throughout the different habitats and natural flora and fauna).

In addition to the arrangement of the fields, the battle against fire is won year after year as a result of three strategies. Firstly, there is selective preventive clearing (mitigating the temptation to burn land that cannot be transited by people), such as paths, access roads to plots, the protective strips beside houses and population centres, and grazing areas in the scrub. Secondly, fire is also prevented by forestry work such as pruning and clearing undergrowth, and confining plantations to separated plots, which avoids the continuity of many hectares of pine trees and helps create a mosaic effect in the landscape. Thirdly, there is an extensive programme to care for and promote the regeneration of the native forest in the valleys and around rivers, encouraging the growth of trees that grow spontaneously and planting new ones (primarily birch), which helps combat potential fires while creating spaces for biodiversity.

The community is also working to eradicate areas of invasive eucalyptus (Eucalyptus globulus), which fortunately remains scarce: the specimens in the only plot invaded by these flammable trees (around 5 ha) were recently replaced with birch (Betula alba). The small birch trees will gradually regenerate the soil that was previously occupied by the leafy trees, facilitating the appearance of other native species such as the Plymouth pear (Pyrus cordata) and oak (Quercus robur).

The community’s work also takes into account the area’s heritage. As part of its conservation efforts, the community carried out a survey of research in the area and its location, resulting in a catalogue of various mámoas (megalithic tumuli), petroglyphs, a fort and even a Roman settlement. The local ethnographic legacy was also included in the study itself, with stone crosses, boundaries, bridges, mills and irrigation wells. This initiative culminated in the restoration of various mills and of the contours of the fort of Covelo, with its cross and petroglyph.

An environmental study was also carried out to determine the types of habitats to be conserved and the species of flora and fauna present on the common woodlands. Examples of the latter include the wolf (Canis lupus signatus), the roe deer (Capreolus capreolus) and the wild boar (Sus scrofa), as well as one of Galicia’s few reproducing populations of the Red crossbill (Loxia curvirostra) in the pinewoods of Fontefría. The study has also attempted to delimit peatland zones and draw attention to them via information panels. These panels raise awareness of the importance of the peatlands to the environment, thanks to their extremely rich biodiversity derived from the special nature of the moisture, highlighting their role as water reserves and regulators for river flows.

To promote a closer relationship between the woodlands and both the community and visitors alike, the community of Santiago de Covelo has opened a circular path that allows visitors to observe the different habitats that make up the space, and showcases examples of the site’s cultural heritage. The marked path enables walkers to see the transformation of the environment brought about by the traditional farming and livestock culture of the area, as well as how new uses of the common hand community land help ensure sustainability going forward.

Alexandre Cendón González, president of the Santiago de Covelo CMVMC.

Galego:

Monte Veciñal en Man Común de Santiago de Covelo ( Santiago de Covelo Common Hand Community Land): a unión das funcións ecolóxica, social e produtiva para unha xestión perdurábel. Estes son o tres eixos que marcan o quefacer desta comunidade do concello de Covelo, na comarca da Paradanta, en Galicia. A partir deles e co@s veciñ@s como protagonistas, a súa xestión forestal camiña pola senda da sustentabilidade

Boa parte da planificación e ordenación dun monte veciñal comeza polo coñecemento do mesmo dun xeito pormenorizado. Os seus lindes, a súa historia, a súa toponimia, o seu clima, vexetación, orografía…, xunto coa súa senlleira herdanza xeolóxica, cultural e até política e social: é a partir deste coñecemento como a xestión forestal cobra sentido e se pode realizar de maneira responsábel. E isto se consegue, no día a día, coa busca de documentación, coas visitas cotiás ao terreo e co diálogo constante entre a xunta reitora, as asembleas horizontais, a veciñanza máis vella e o persoal técnico cualificado.

A grandes trazos podemos definir o monte comunal da parroquia de Covelo coma a mestura dun monte deforestado na súa historia máis recente polo sobrepastoreo, a presenza de plantacións de piñeiros (en gran parte rubios, Pinus sylvestris) impostas dende a cúpula gobernamental fascista a mediados do século pasado e a paisaxe accidentada típica da media montaña galega formada por cotos, cumes, chans, valgadas, cavorcos, ríos e turbeiras. Das súas aproximadas 700 Ha de superficie, a metade se corresponden con masas arbóreas compostas por plantacións, bosques de ribeira e pequenos bosques autóctonos incipientes de rexeneración natural, mentres que outro tanto está composto por superficies de matogueira (algunha húmida con Erica cilliaris e Erica tetralix e polo tanto considerada de interese comunitario pola UE) e grandes extensións de pasteiros.

De maneira paradoxal, o abandono maioritario da actividade gandeira —e os outros labores do agro tradicional— mais a introdución da silvicultura están a favorecer un novo renacer do monte, onde se lles abre un escenario renovado aos eidos social, ecolóxico e produtivo. Así, a produción de madeira conxúgase co aproveitamento gandeiro dun modo simbiótico, cun pouco de modernidade e un chisco de tradición: mentres que a comunidade xestiona directamente a madeira das plantacións, @s veciñ@s pastorean individualmente o seu gando nos pasteiros habilitados para tal motivo. As dúas actividades lonxe de se pexar mutuamente, contribúen unha á mantenza da outra, pois se por unha banda os pasteiros están dispostos e intercalados de tal xeito que funcionan como devasas verdes entre as distintas parcelas destinadas ao aproveitamento madeireiro (onde as tallas nunca son a eito, senón selectivas mediante rareos), pola outra, cos cartos obtidos pola venda da madeira se inviste no mantemento deses pasteiros con peches, cancelas, sementeiras, rozas… No entanto, @s veciñ@s poden continuar como antano a recoller leña, apañar o toxo e o carrasco para as cortes e tamén, como novidade, a procurar fungos e topar lugares para o seu esparexemento e lecer.

A función produtiva xoga un papel fundamental xa que, a fin de contas, sobre ela pivotan as actuacións e traballos que se realizan no monte. Desta maneira pódese investir na mellora da propiedade comunal e na súa conservación, atinxindo a catro aspectos básicos: o mantemento das plantacións, o coidado da súa rede de camiños, a protección e restauración dos seus bens arqueolóxicos e etnográficos e a preservación da biodiversidade (repartida nos seus diferentes hábitats e flora e fauna naturais).

A batalla contra o lume se gaña ano tras ano —amais de coa disposición dos pasteiros— facendo rozas selectivas de prevención (mitigando así a tentación de queimar terreos por ser intransitábeis para as persoas), como os camiños, e os accesos ás cavadas, amais das faixas de protección xunto ás vivendas e núcleos de poboación, as áreas de pastoreo en mato… Tamén realizando traballos silvícolas como podar, rarear e rozar baixo arborado, confinando as plantacións en terreos separados (evitando así a continuidade de moitas hectáreas de piñeiral e contribuíndo, polo tanto, á paisaxe en forma de mosaico) e, por último, levando a cabo un exhaustivo programa de coidado e rexeneración do bosque autóctono nas valgadas e arredor dos ríos, axudando a se asentar ás árbores que crecen espontaneamente e plantando outras novas, sobre todo bidueiros (axudando deste xeito a loitar contra eventuais incendios e fixando asemade espazos para a biodiversidade).

Xunto a isto, a comunidade aposta pola erradicación das, afortunadamente, escasas zonas ou manchas de eucaliptal: recentemente foron substituídos por bidueiros (Betula alba) os eucaliptos (Eucalyptus globulus) presentes na única parcela (de 5 Ha) inzada por estas árbores pirofíticas. Os pequenos bidueiros aos poucos, irán rexenerando o solo antes ocupado polas frondosas, facilitando logo a aparición doutras especies autóctonas como as pereiras bravas (Pyrus cordata) e logo os carballos (Quercus robur).

Os labores na comunidade teñen en conta o patrimonio histórico propio. Co gallo da súa preservación, a comunidade realizou un estudo de investigación e localización do mesmo, tendo como resultado a catalogación de varias mámoas, petróglifos, un castro e até un asentamento romano. O legado etnográfico tamén se incluíu no mesmo estudo, contando con cruces de pedra, gravados de termo, pontellas, muíños, pozas de regadío… Culminando na restauración de varios muíños e do contorno do castro de Covelo e da súa cruz e petróglifo.

De xeito parello levouse a cabo un estudo do medio natural, para saber que tipo de hábitats conservar e que especies de flora e fauna están presentes no monte comunal. Entre a fauna cabe salientar a presenza do lobo (Canis lupus signatus), do corzo (Capreolus capreolus) e do porco bravo (Sus scrofa) amais de contar nos piñeirais de Fontefría cunha das poucas poboacións reprodutoras de bicotorto común en Galicia (Loxia curvirostra). Asemade, no devandito estudo fíxose un esforzo por delimitar as zonas ocupadas por turbeiras (as “porcas preñas”) para rematar por sinalalas mediante paneis informativos para a divulgación dos seus valores ambientais (coa súa riquísima biodiversidade derivada da súa natureza enchoupada) nos que se salienta o seu rol como reservas de auga e reguladores do caudal dos ríos.

Co ánimo de achegar máis o monte @s veciñ@s e aos visitantes e para unha maior valoración deste, a comunidade de Santiago de Covelo conta cunha ruta circular de sendeirismo onde se poden observar cada un dos hábitats que conforman o seu espazo, á vez que se poden ver algúns exemplos do patrimonio cultural do lugar. A través deste sendeiro sinalizado podemos ollar a transformación do medio natural por parte da cultura tradicional agrícola e gandeira propia da zona, así como os novos usos que o monte veciñal en man común vai tecendo para que a súa xestión sexa perdurábel no tempo.

Alexandre Cendón González, presidente da CMVMC de Santiago de Covelo.

Español:

Monte Vecinal en Mano Común de Santiago de Covelo (Santiago de Covelo Common Hand Community Land): la unión de las funciones ecológica, social y productiva para una gestión duradera. Estos son los tres ejes que marcan el quehacer de esta comunidad del ayuntamiento de Covelo, en la comarca de la Paradanta, en Galicia. A partir de ellos y con l@s vecin@s como protagonistas, su gestión forestal camina por la senda de la sostenibilidad

Buena parte de la planificación y ordenación de un monte vecinal empieza por el conocimiento del mismo de una manera pormenorizada. Sus lindes, su historia, su toponimia, su clima, vegetación, orografía…, junto con su singular herencia geológica, cultural, y hasta política y social: a partir de este conocimiento, la gestión forestal cobra sentido y se puede realizar de manera responsable. Y esto se consigue en el día a día, con la búsqueda de documentación, con las visitas diarias al terreno y con el diálogo constante entre la junta rectora, las asambleas horizontales, los vecinos de más edad y el personal técnico cualificado.

A grandes trazos podemos definir el monte comunal de la parroquia de Covelo como la mezcla de un monte deforestado en su historia más reciente por el sobrepastoreo, la presencia de plantaciones de pinares (en gran parte silvestres, Pinus sylvestris) impuestas desde la cúpula gubernamental fascista a mediados del siglo pasado y el paisaje accidentado típico de la media montaña gallega formado por cerros, cumbres, llanuras, valles, barrancos, ríos y turberas. De sus aproximadamente 700 Ha de superficie, la mitad se corresponden con masas arbóreas compuestas por plantaciones, bosques de ribera y pequeños bosques autóctonos incipientes de regeneración natural, mientras que otro tanto está compuesto por superficies de matorral (alguno húmedo con Erica cilliaris y Erica tetralix y, por tanto, considerada de interés comunitario por la UE) y grandes extensiones de pastizales.

De forma paradójica, el abandono mayoritario de la actividad ganadera —y las demás labores del campo tradicional— más la introducción de la silvicultura, están favoreciendo un nuevo renacer del monte, abriéndose un escenario renovado a los sectores social, ecológico y productivo. Así, la producción de madera se conjuga con el aprovechamiento ganadero de un modo simbiótico, con un poco de modernidad y una pizca de tradición: mientras que la comunidad gestiona directamente la madera de las plantaciones, l@s vecin@s pastorean individualmente su ganado en los pastizales habilitados para ello. Las dos actividades lejos de obstaculizarse mutuamente, contribuyen una al mantenimiento de la otra, pues si por un lado los pastizales están dispuestos e intercalados de tal manera que funcionan como cortafuegos verdes entre las distintas parcelas destinadas al aprovechamiento maderero (donde las cortas nunca son a hecho, sino selectivas mediante clareos), por otro, con el dinero obtenido por la venta de la madera se invierte en el mantenimiento de esos pastizales con cierres, cancillas, siembras, desbroces… Mientras tanto, l@s vecin@s pueden seguir como antiguamente, recogiendo leña, tojo y brezo para los establos y también, como novedad, ir a buscar setas y encontrar lugares para su esparcimiento y ocio.

La función productiva desempeña un papel fundamental ya que, a fin de cuentas, sobre ella giran las actuaciones y trabajos que se realizan en el monte. De esta manera se puede invertir en la mejora de la propiedad comunal y en su conservación, alcanzando cuatro aspectos básicos: el mantenimiento de las plantaciones, el cuidado de su red de caminos, la protección y restauración de sus bienes arqueológicos y etnográficos y la preservación de la biodiversidad (repartida en sus diferentes hábitats y flora y fauna naturales).

La batalla contra el fuego se gana año tras año —además de con la disposición de los pastizales— haciendo desbroces selectivos de prevención (mitigando así la tentación de quemar terrenos por ser intransitables para las personas), como los caminos, y los accesos a las parcelas, además de las franjas de protección junto a las viviendas y núcleos de población, las áreas de pastoreo en matorral… También realizando trabajos silvícolas como podar, clarear y desbrozar bajo arbolado, confinando las plantaciones en terrenos separados (evitando así la continuidad de muchas hectáreas de pinares y contribuyendo, por tanto, al paisaje en forma de mosaico) y, por último, llevando a cabo un exhaustivo programa de cuidado y regeneración del bosque autóctono en los valles y alrededor de los ríos, ayudando a que se asienten los árboles que crecen espontáneamente y plantando otros nuevos, sobre todo abedules (ayudando de esta forma a luchar contra posibles incendios y fijando al mismo tiempo espacios para la biodiversidad).

Junto a esto, la comunidad apuesta por la erradicación de las, afortunadamente, escasas zonas o manchas de eucaliptal: recientemente fueron substituidos por abedules (Betula alba) los eucaliptos (Eucalyptus globulus) presentes en la única parcela (de 5 Ha) invadida por estos árboles pirofíticos. Los pequeños abedules irán regenerando poco a poco el suelo antes ocupado por las frondosas, facilitando la aparición de otras especies autóctonas como el peral silvestre (Pyrus cordata) y el roble (Quercus robur).

Las labores en la comunidad tienen en cuenta el patrimonio histórico propio. Con el pretexto de su preservación, la comunidad realizó un estudio de investigación y localización del mismo, teniendo como resultado la catalogación de varias mámoas (túmulos megalíticos), petroglifos, un castro y hasta un asentamiento romano. El legado etnográfico también se incluyó en el mismo estudio, contando con cruces de piedra, grabados de término, puentes, molinos, pozas de regadío… Culminando en la restauración de varios molinos y del contorno del castro de Covelo y de su cruz y petroglifo.

Igualmente, se llevó a cabo un estudio del entorno ambiental, para saber qué tipo de hábitats conservar y qué especies de flora y fauna están presentes en el monte comunal. Entre la fauna hay que destacar la presencia del lobo (Canis lupus signatus), del corzo (Capreolus capreolus) y del jabalí (Sus scrofa) además de contar en los pinares de Fontefría con una de las pocas poblaciones reproductoras de piquituerto común en Galicia (Loxia curvirostra). Al mismo tiempo, en dicho estudio se hizo un esfuerzo para delimitar las zonas ocupadas por turberas (las «porcas preñas») y señalarlas mediante paneles informativos para la divulgación de sus valores ambientales (con su riquísima biodiversidad derivada de su naturaleza encharcada) en los que se destaca su papel como reservas de agua y reguladoras del caudal de los ríos.

Con ánimo de acercar más el monte a l@s vecin@s y a los visitantes, y para una mayor valoración de este, la comunidad de Santiago de Covelo cuenta con una ruta circular de senderismo donde se pueden observar cada uno de los hábitats que conforman su espacio, a la vez que se pueden ver algunos ejemplos del patrimonio cultural del lugar. A través de este sendero señalizado podemos ver la transformación del medioambiente por parte de la cultura tradicional agrícola y ganadera propia de la zona, así como los nuevos usos que el monte vecinal en mano común va tejiendo para que su gestión sea duradera en el tiempo.

Alexandre Cendón González, presidente de la CMVMC de Santiago de Covelo.

Uploaded February 2018.